23-2-2011

a historia secuestrada


catro homes de ben

sentados nunha mesa falan
da historia e da memoria
da sua e da nosa da de todas e todos

falan da historia secuestrada polo franquismo
e tamen da historia secuestrada outra vez
pola chamada transicion á chamada democracia
que con acerto eles chaman transaccion

falan do asasino camarada fraga da falange
o ministro do dictador e agora senador do rexime
e falan dun dos mais grandes franquistas do pais
o embaixador do vaticano e ex-alcalde de la-coruña

falan sobre todo dos que sairon do outro armario
das que puderon defender aos seus mortos

foi onte a noite na vispera do 23 de febreiro
trinta anos despois do fascista golpe de estado
unha historia de mentiras

a historia secuestrada polo franquismo
libro escrito por manuel monge
e publicado por laiovento
o laio e o vento da memoria

o cronista