11-5-2010

a cruz os paseos e o xenocidio

terceiro poema da memoria da guerra



no castro segue ergueita unha gran cruz

pequena copia do mausoleo de madrid

do chamado valle de los caidos

e o monte castro e as familias dos asasinados

reclaman unha pequena e serodia xustiza

que non é unha vinganza

o monumento dos asasinos debe cair

e algo tamen debemos facer

cos dous soldados ao pe das escaleiras

que coidan do monumento frankista


as letras de metal

cos nomes dos mortos fascistas

por fin son retiradas das igrexas

pero grabado no granito segue

desafiante o nome do lider falangista



un paseo outro paseo

que fermosa e insultante

palabra para tantos crimes



e din que na galiza non houbo guerra

acá houbo algo moito peor

houbo un silenciado xenocidio

durante ducias de anos



do castro ao casco vello

vigo 10-5-10