verso a verso
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
uns corpos buscan o seu lugar
e vaise formar un coro en fileira
a primeira voz leva a letra
a partitura no seu atril
a segunda voz cunha pinza
prende o papel na camisola
no lombo da primeira voz
a terceira voz segue o xogo
a cuarta a quinta e a sexta
e o coro desprazase cantando
como unha serpe na primeira
escena da obra canchales parte 2
de teatro ensalle e cambeo teatro
seis voces un sexteto
dous tríos tres parellas
que van rodando
da entrada até a sala
que se están buscando...
pipas
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)