nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
meu vello man-fred meu vello man
escriboche desde a calma da ría
hai tempo que non che conto nada
non chove pero xa chegou o frío
o frío de novembro e o frío dos malos
contoche que nos xuntamos
hoxe nunha praza nun paseo
outra vez polo que ti ben sabes
hai tempo que non vou ao teu camelle
estiven de visita por karnota e fisterra
pero os ventos non eran propicios
para seguir un pouco mais ao norte
e voltei á ria pensando nos teus círculos
cóntoche que nos xuntamos
hoxe nunha praza nun paseo
outra vez polo de sempre
pero con máis raiba aínda
hai tempo tamén nos xuntamos
chamados polo monte pindo
e seguirémonos xuntando vello man
quen sabe porque chamada
pasoche unha imaxe da xuntanza
un cativo que se fai preguntas
agarrado ao azul e ao negro
unha salgada aperta vello man
lariño
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)