03-4-2016

corazons e raiba polas guerras

 

 

dóenme un pouquiño os dedos

de carrexar e abrir con eles

centosde bolsas de axuda

pros desprazados mal refuxiados

e tardei en coller unha navalla

porque non quería ferir

estas bolsas de cariño

cariño tamén o desta camisola

de apoio ás refuxiadas saharauis

que levan corenta e un anos

expulsadas da súa terra

 

dentro dunha pequena mochila

viñan unhas copias dun solidario texto

en tres idiomas da familia que a mandóu

somos muchos los que estamos con vosotros

en estos momentos tan duros y terribles ...

e noutra o debuxo que acompaña a crónika

debuxo infantil cravado no noso corazón

 

toneladas de roupa e mantas

materias de sanidade e hixiene

tendas de campaña comida ...

e chegaron uns poucos xoguetes

entre pequenos e educativos

peluches e monecos de plástico

tamen algúns bélicos

 

a nave hoxe estára en silencio e triste

mentres neste día con jolgorio e consumo

e sesgada memoria na cidade celebran

unha guerra inxusta coma todas

e á volta da represiva borbónica

monarquía no ano 1809

 

mañán voltamos á pacifista nave

a facer solidarias caixas

 

o cronista