05-4-2020

grande o corazon de aute


cantache en agosto en huelva
e logo algo batéu no teu corazón
sería un cadro unha película
sería un libro unha canción

fallaron un pouco os teus latidos
e agora din que estás nun hospital
se cadra en soños estarás ti creando
en albanta entre as nubes baixo o mar

sabes que chegóu o equinocio e o outono
das árbores caen poemas pinturas baladas
por ese parqueciño da man camiñan lentos
un pincel namorando a unha guitarra


escribinlle estas rimas
hai catro anos e agora sinto
que a vida lle deu catro bises
grande luis eduardo

manolo pipas