verso a verso
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
en baiona hai un veleiro
que caravela lle chaman
coas súas sucias entrañas
do falso descubrimento,
aqueles estraños ventos
trouxérona a baiona
que hox vive como propia
esa festa da arribada,
derruban a mascarada
as compas da lacandona
cinco seculos pasaron
e as compitas zapatistas
devolvennos a visita
e nos somos conquistados
por unha montaña barco
por un veleiro da vida
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)