01-10-2016

quince anos de arbore

 

 

esta árbore ten 15 anos

unha especie nova e urbana

árbore de clima templado

de redondeadas follas perennes

pequenas e medianas

 

logo de varios cruces

de iniciativas e propostas

saiu esta nova especie vexetal

se cadra chamada en latin

consumus conscientis

 

a árbore cumpríu quince outonos

a cooperativa a tenda o espacio social

e a árbore logo deu pequenos froitos

e foi abrindo as súas pólas


e ai segue coidandose colleitando

compartindo soberanía alimentaria

de todo o consumo soberanía

 

manolo pipas