18-1-2016

irmandade ultramariña

 


camiños e travesías

df oaxaca la paz

e agora tepoztlán

a kátsica vai con lía,

eu parado nesta ría

mando versos de saudade

por aquelas irmandades

entre o anahuac e oaxaca,

artesanías chamacas...

vida pras comunidades

 

pláticas ultramariñas

entre poemas e rolas

jarochos e barcarolas

e un berce pra meniña

 

debuxo de muller ayuuk

de kátsica sobre unha foto

de juan rulfo en oaxaca

 

manolo pipas