nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
a elefanta de papel visita
as terras queridas do elefante
e ollando ao barco comenta
é moito máis grande ca nós
e que triste está na rotonda
esta elefantada itinerante
co seu vello baúl cheo de libros
sauda ao querido alfageme
pasan varios paso-cebras
e pensan nas amigas jirafas
nas gacelas e nos baobabs...
e chegan a este lugariño
que moitos chamades a parro
levantada entre os lugares
da cadela e das presas
para as vellas e vellos de coia
onde se candra en tempos
máis antigos tamén habitaban
outros simpáticos intelixentes
e xustos grandotes elefantes
recitado na presentación
do solidario libro de relatos
elefantes de papel de maría
salinas e berto o pirata
onde algo máis brotóu
desta tola cabeciña
manolo pipas
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)