16-8-2026

payador ceo e xirasol

 

 

      a wilson saliwonczyk
        en dous recitais

neste chiringo do ceo
á beira do río tea
o wilson ben se menea
na guitarra e parrafeo,
a miña décima eu leo
que non seu facer payada
fermosa vai a velada
aínda que non hai sonido ,
sen acoples co ventiño
segue wilson coas tonadas

en mondariz onte

o wilson é payador
en décimas improvisa
sacóunos algunhas risas
e tamén algunha dor ,
a rima ten moita cor
o arco da vella enteiro
vai botando o guitarreiro
con xiara por comesaña,
solo versos das entrañas
meu payador do quinteiro

nesta casa xirasol
o domingo a mediodía
foi soltar a fantasía
o labrego trovador,
uns versos de arte menor
arte maior ten nas rimas
a guitarra que se empina
polos sentidos humanos,
por espacios solidarios
rebelde voz de argentina

en comesaña hoxe
manolo pipas