nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
a amiga chuvia paróu nesta mañán
de compostela para que tamén chovese
un pouco nas lonxanas e secas terras yaquis
en tlatelolco acteal o istmo ayotzinapa...
a miúda chuvia da vida
deixamos á beira do palacio e puxémonos
no centro da praza coas faixas e cartaces
e fixemos un aberto círculo
neste zócalo do obradoiro
o sol as nubes as pedra
en varias voces e linguas
coa digna resistencia indíxena
e compañeira do anáhuac
tapóu o bermello da bandeira
porque non queremos máis sangue
zócalo de compostela
catro pontos cardinais
a terra é a nosa nai
e o pai a grande estrela,
o manifesto os poemas
os contos as peticións
que xa pare a represión
que todos somos irmáns,
distintas as nosas mans
pero un mesmo corazón
escrito nun tren cara o sur
cheo de estudantes como os
de tlatelolco e ayotzinapa
a 12 de outubro
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)