verso a verso
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
neste tempo tan confuso
tan revolto tan veloz
tan saturado de ideas
e tamén de informacións
de redes tan mal cosidas
e de poucas reflexións
unha nova nave zarpa
dalgún porto da paixón
o caminhar preguntando
novo espacio virtual
deste compa parlanchín
meu diletante informal
nos centros sociais da terra
os caminhos do lokal
de chiapas a palestina
travesías do global
este caminhante tone
unha voz ben trasversal
a tone varela caminhar
preguntando.wordpress.com/
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)