nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
asemblea sos meixoeiro
o meixoeiro pede socorro
o hospital ameazan pechalo
os responsables da sanidade
ás persoas da plataforma sos meixoeiro
polas súas duras pero xustas críticas
chamaronlles gamberros e románticos
e eles din que estám orgullos@s de selo
a faixa de arriba e a dereita tapa
a insultante propaganda do cunqueiro
da noxenta xunta de galicia
na asemblea contáronnos
que o macro-hospital funciona
peor que as peores sospeitas
na faixa abaixo e a esquerda
a palabra pública está medio tapada
polos traballadores do hospital
a asemblea quere que non peche
e non me quixen erguer a tomar a foto
porque a nosa cruel realidade
é que o publico se está a perder
o cronista
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)