09-4-2010

roger bici e familia



o mundo pede que o recorras‭
dille o moneco ao seu pai
a paisaxe está para que a recorras‭
os pinceis dinlle ao titiriteiro
as xentes queren que as coñezas‭
o banjo comenta a este pintor‭

roger bicicleta e familia‭
como boas aves migratorias‭
senten que lles chama o camiño
e vanse outra ver sen avisar

o ar co que incha as rodas‭
vaise perder noutras terras‭
e no paseo dalgunha cidade‭
os titeres están a falar de nos

nas alforxas deste bohemio
as historias pouco pesan
pesan pouco as melodias‭
pero non tantas lembranzas‭

neste cruce de camiños‭
os monecos non o pensan
imos para a esquerda papá
e os pinceis ollan un veleiro
veña que o imos pintar

roger bicicleta e familia‭
como bos corpos migratorios
sentiron outra vez o camiño
e voltaron a esta pequena ria

vigo‭ ‬2000

e o viaxeiro vasco galego
nestes anos publicou‭
libros de vivencias e manifestos‭
e neste regreso meu
tardei poucos dias en atopalo‭
no casco vello igual de parlanchin