nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
monicreques redondela
vai un boneco por ano
persoaxes do teatro
ou da vida destas terras
cachiporra e unha serea
vai o rodolfo e un rato
vintesete os bonecos
este ano unha moniña
hai tempo a carrapuchiña
un chinés e un picoleto
un cativo mariñeiro
o marciano o buzo e a pita
e temos máis animáis
o cocodrilo e a pulga
unha vespa unha cabuxa
vai a gata e mailo can
e a caracola de mar
por que non tamén a bruxa
redondela en monicreques
hai que títeres choqueiros
non hai choco de boneco
o pastor que non se atreve
e por descifrar hai seres
que non acerta o dos versos
uns persoaxes co pau baten
cachiporra e o picoleto
danlle duro a outros bonecos
linguas e ollos que se saen
pero logo fan as paces
e tamén se dan un beixo
grande este festival
sae en bicho da cabaza
na regadeira o pirata
que nos podía regar
o espantallo vai falar
pero se atranca a palabra
redondela moitas grazas
por esta maxia a fartar
manolo pipas
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)