nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
o problema da vivenda
é unhas mil veces máis grave
en palestina que aquí
decíamos onte na manifestación
na defensa dos fogares das familias
portando unha faixa por gaza
hoxe en compostela por palestina
entrelazábanse muitas loitas
muitas imaxes e consignas
as necesarias palestinas bandeiras
fuquillas oliveiras e sandías e paredes
das casas e muros do apartheid
mentres seguen derrubándose vivendas
con familias apiñadas dentro
en gaza que sofriran as bombas
e os colonos en cisxordania
con maquinaria seguen arrasando
casas campos memorias ...
pero a pesares de todos os golpes
as avoas son e serán as raices
avoas e nais son os corazóns dos fogares
ainda que sexan ruinas ou lonas
e as crianças son as sementes e o futuro
o cronista
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)