nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
Poñan atención señores / o que lles vou contar
algo que acontecéu / moi perto de portugal
Ó redor de dous mil labregos / en guillarei se xuntaron
para defender un veciño / que ía ser embargado
O veciño Ignacio Gómez / os foros non quixo pagar
pero tivo un apoio / un apoio mui exemplar
As campás tocan arrebato / como si fore un fogo
era a xuntanza labrega / que loitaba contra os foros
Os foros eran un imposto / que os labregos pagaban
traballando os terreos / e do fruto non disfrutaban
Chegaron a forza pública / aquí ninguén os chamóu
e o voceiro do grupo / deste xeito nos falóu
Disuelvense por favor / tenemos autorización
que si es necesario / usemos el mosquetón
Esperamos un pouquiño / moito tempo nos pasóu
cando o axente de novo / nos chamaba a atención
Disuelvense por favor
que si no hay obediencia / usemos el mosquetón
Un destacado labrego / da parroquia de budiño
sin saber non sei porque / no chan caía tendido
Este era Venancio González / que decía con razón
traballar as terras si / pero pagar os foros non
Tamén Xaquin Estévez / carreteiro de profesión
nin siquiera puido ver / o que alí acontecía
cando unha maldita bala / acabóu coa súa vida
O mesmo que Cándida Rodríguez
que en cinta se atopaba / escapaba da traxedia
caíndo ó chan abatida / sin ter quen a socorrera
Que fusilamentos malditos / que tres mortes sin compasión
demasiado tarde a xustiza / lles deu ós labregos razón
E ó cabo de des anos / un monumento se levantóu
pero a maldita guerra civil / o monumento dinamitóu
Con cascallos e algo novo / volvéuse levantar
ogallá cousas tan duras/ nunca máis volvan pasar
Non se pagaron máis foros / incluso fóra da visbarra
máis costóulle a vida a dous homes / e a unha muller preñada
E así termina a historia / dos mártires de sobredo
e nalgún fogar que outro / aínda hoxe existe medo
josé piñeiro trillo
poema recitado onte en sobredo
na lembranza da lagrega e labregos
asasinados no ano 1922
na imaxe o poeta popular
acompañado por luis o caruncho
tamén interviron os organizadores
e pilar garcía negro
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)