verso a verso
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
a angel de coia
día das letras en coia
nesta volta do gregorio
na praza do bar bouzas
abaixo o roubado mar
arriba esquecido castro
se as pedras quixeran falar
maio dezasete rosalía
canta memoria que é loita
por alí pasaba o tranvía
cruzaba coia outra liña
e paráronas cando eu nacín
baixo a nosa casa na florida
escribín estas triadas
polas terras do xuncal
agora da miñoca praza
prazas camiños e barrios
lugares campos e presas
lavadouros e canastros
versos cantos pandeiretas
coia a dezasete de maio
netas e netos das cantadeiras
triadas escritas e recitadas
nas letras do ano pasado
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)