verso a verso
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
amiga sesé
ai tola chaparrita
escríboche desde esta imaxe
no medio da nosa ría
que sei que che vai gostar
coas luces e sombras da natureza
tan distintas as sombras e luces
da nosa enferma sociedade
hai un rato na alameda
de chapela fixemos piña
encontrámonos e apertámonos
e choramos e berramos
por ti e polos teus
e por tantas mulleres
por tantos orfos e orfas
unha explosión de machismo
non pode non poderá borrar
a memoria dunha feminista
manolo pipas
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)