23-7-2026

guitarra e mar roxana

 


roxana guitarra e mar
os poemas e as cantigas
os traballos disco e libro
raices de mar    de mar azul

roxana mouriño
unha moura da guitarra
dun lugar pequeno
do xabriña de paraños
que buscóu terras salgadas

raices de mar
canta o corazón
o mar canta
corazón de raices
raíces do corazón

a guitarra de roxana
nota a nota
o mar aloumiña
onda a onda
estrofa a estrofa
cantiga a cantiga

vello mediterráneo
longas historias de sal
na illa de formentera
roxana reza e sementa
poemas de mar

voltóu a migrante
raíces e corazón
e deixa pegadas
nos nosos areais
benvida e graciñas
polos poemas e cancións

sonan primeiro
os chíos das gaivotas
logo guitarra acordeón e voz
a ría formentera buenos aires
algúns anacos do teu corazón


raices de mar
de roxana mouriño
presentado hox en librouro
onde ela cantóu e falóu
i eu recitei letras súas

i estas cativas rimas