20-4-2026

salva da revolta


pola beira da ría
do bar bouzas á revolta
camiñando as utopías

matria estrela
mar e terra
unha palabra unha man

foi no equinocio da primavera
da revolta á cova e ao bar bouzas
e agora tamén nos falta nas letras

matria estrela
mar e terra
unha palabra unha man
un berro e algunha vez
tamén unha pedrada

camiñando as utopías
do bar bouzas á revolta
pola beira da ría...


pola morte do salva o 20-3-2025
escrito na pasada primavera
e recitado o día das letras
á beira do bar bouzas

na volta de s gregorio
e publicado 13 meses despois