verso a verso
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
neste outeiro
nas coutadas nos poulos
nas chans pendentes e barrancos
nas leiras e viñas abandonadas
na beira de camiños e regos …
en todo o monte despois dos lumes
que os arcolitos axudan a provocar
millóns e millóns de pequenos arcolitos
acacias xestas e máis arcolitos
hoxe arrinquei varios centos
a beira dos camiños
a ghaspara freixo nun terreo
bastante abandonado
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)