sobre un centro arqueoloxico
ollo un grande formigueiro unha visible
posible construccion en forma case circular
duns catro metros de diametro de areas e pedriñas
e darredor a seca vexetacion e un carreiro sen erva
por onde camiñan e traballan as formigas
que son bermellas e como de seis e oito milimetros
e carrexan agarrando coas suas fortes bocas-pinzas
sobre o lombo anacos de vexetais
moito mais grandes e pesados ca elas
que se te pos mais lonxe pensas que son
esas extrañas formas verdes as que se moven
unhas formigas camiñan cara o centro do circulo
e outras saen dese buraquiño
e debaixo da circunferencia seguirán construindo
a comunidade das formigas
e nesta construccion piramidal a uns vinte metros
atopo dous formigueiros abandonados
e nos circulos tamen hai anacos de ceramicas
dos antigos habitantes zapotecas
e imaxino hai mil dous mil anos fileiras de humanos
carrexando pedras no lombo para facer
este posible templo zapoteca
como as formigas pois pero distintos a elas
mogote oaxaca 14-3-10