14-6-2010

historias do chapapote 3

nestas semanas segue a medrar
outra gran ferida polo petroleo
xunto a desembocadura do misisispi
porque ? e ate cando ?

 


.

o desgoberno
 

sete anos despois
escribo sobre o desgoberno
no tempo do chapapote
naquel tempo habia que falar del
pero lle adiquei poucos versos

o goberno primeiro ignorou
e logo mentiu e mentiu ainda mais
o goberno actuou moito despois
das anonimas persoas
que saimos eses dias á costa
o goberno actuou mal e ainda peor
o goberno manipulou
e pagou a outros para que mentiran
pero ninguen pagou polos seus delitos

vigo 2010

.

a balea anduriña

fomos a marin i estivemos
no peirao un monton de horas
agardando pola balea anduriña
ela que ainda era nova
perdera ao seu grupo
i entrera na ria habia unha semana
anduriña non aparecia
e nos buscabamola
en cada escuma silueta e sombra
e so saia a superficie
ao lonxe algun corvo mariño
ao que hoxe non lle dabamos importancia

cando outros que tamen a viñan a ver
nos decian que levaban dias sen saber dela
nos pensabamos que se cansara
do ruido dos militares do cuartel
e abandonara a ria
pero apareceu un paisano que nos dixo
que pola mañan cedo dera un brinco aki ao lado

logo anduriña a pequena balea
botou uns dias pola ria de vigo
desapareceu e non sabemos nada dela

na ria 3-2003


, tantos nunka mais


ao longo da triste historia da humanidade
moitas persoas de diversas culturas
en diferentes tempos i espacios
berraron i escribiron xuntas
as palabras nunca mais,
probablemente unha das primeiras tribos
que fixo sua esta protesta e promesa
foi nas terras de babilonia
contra este imperio hai varios miles de anos
no lugar que agora ocupan as ruinas de irak
e dende aqueles berros
foron xurdindo novas protestas e promesas
nen guerra que nos mate
nen paz que nos oprima
pero case nada temos avanzado
e nos seguimos con mais promesa que protesta
apegados a vella e nova consigna

do nunca mais

no pais do chapapote 5-03

.

voluntaria

como nun maldito canto
verso a verso sen palabras
vas enchendo o teu capacho
voluntaria de mougas

cando baixan as marés
pedra a pedra sen descanso
vas raspando mil mentiras
voluntaria de figueiras

e pra rua tes que ir
paso a paso reclamando
o teu dereito a limpar
de ribeira voluntaria

cando levantas os ollos
cabo a cabo pasan barcos
con chapapote asasino
de karnota voluntaria

nesta costa que xa é vosa
dia a dia a dignidade
vai vencendo o pesadelo
de muxía voluntaria

e no traxe tes escrito
letra a letra en chapapote
con protesta e con promesa
voluntaria nunka mais

4-03

.

xullo 2003

e un triste dia de xullo do 2003
o goberno parou de manipular voluntarios
e desmantelou as malas infraestructuras

os voluntarios daban mala imaxe
e as praias habia que devolver os turistas
e mimetizar aos traballadores
que cambiaban o chapapote de lugar

os grupos ecoloxistas
as asociacions de defensa das rias
e outros colectivos tamen se retiraron
pero entre lariño e lira
ficou un grupo de tolos voluntarias case furtivos
coa pequena axuda da cofradia de lira

dixeronme que nalgunhas praias
neste verán cada dia os sanitarios debian limpar
centos de pes manchados de chapapote

xullo 2003

,

o grupo

.o campo de futbol
abandonado de lariño
un galpon que serve de almacen
dos materiais para a limpeza
un vestuario de dormitorio
e o outro de cociña e comedor
cando fora o tempo non lles deixa
e unhas poucas tendas e iglús

limpar un pouco de chapapote
e difundir todos estes delitos
aos que veñen a coñecelo
e aos que pasan por aqui
e compartir as nosas realidades

este foi o campamento
entre o veran e a primeira semana
de decembro do dous mil tres
logo alugaron unha casa en lira
para seguir limpando e difundindo
cando se podia
dous anos e pico mais

haberá mais poemas
cando dispoña a lua