13-1-2017

camiño do xuizo de diego

 


o xuizo-farsa ao rotondiano diego lores
será nos xulgados de vigo o martes
17 as 10 e media da mañán
darredor da hora do café deses funcionarios
que xogan coa nosa xustiza e vida

o grupo de apoio a diego prepara o xuizo
con presentacións do documental
moita rede rompe o peixe
e charlas posteriores en diversos lugares
e cun peche na parro de coia
do domingo ao martes con solidarias
e comunitarias actividades
para sair desde alí até o xulgado
pasando pola maldita-máxica rotonda

 

domingo 15

13:00 | Rolda de prensa na igrexa
14:00 | Xantar común
17:00 | Contacontos: Bea Campos Davide Glez (Migallasteatro)
18:00 | Obradoiro: “Quérennos soas, téñennos en común”,

coa presenza de loitas veciñais en Málaga, Xixón, Compostela…
19:30 | Concerto: Mini e Mero
21:30 | Cea común

luns 16
10:30 | Faladoiro:“Barrios: distintos lugares, mesma historia”

co alumando do IES Alexandre Bóveda e con EmilianoTapia

(Buenos Aires, Salamanca) e Emilio Suárez (Coia, Vigo)
14:00 | Xantar común
17:00 | Obradoiro: elaboración de barcos de papel
19:00 | Proxección de #MoitoPeixeRompeARede e coloquio
21:30 | Cea común
martes 17
9:30 | Marcha colectiva até os xulgados acompañando

a Diego Lores con parada na rotonda
10:00 | Concentración diante do Xulgado
10:30 | Xuízo de Diego Lores