verso a verso
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
os deberes e os dereitos
que facemos coas fronteiras
poñernos de fronte a elas
elevarnos sobre o medo
fronteiras de continentes
de estados e de nacións
a mentira a represión
o capital contra á xente
todos somos extranxeiros
moitas sodes emigrantes
estes tempos son sangrantes
que será dos nosos nenos !?
seguen saqueando a terra
coas enerxias ás voltas
e a enerxía das persoas
entre as mans non se nos perda
manolo pipas
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)