04-2-2014

dos furanchos e da tribo




nove horas de furanchos

bembrive tres de febreiro / no furancho do san brais

no da ponte e o de segade / e seica hai uns trinta!! máis

o san brais polo faísca / foliqueiras zurrumallas
viño tinto viño branco / e uns anacos de empanada

saúdos a toda a peña / graciñas chejar i encher
que volten todos pra casa / que akí os queremos ter

esta gran festa de inverno / de furanchos por bembrive
houbo coplas pros bankeiros / pro goberno e pro prestige

cinco horas de furanchos
e pra mañufe dous marchan
que tamén teñen san brais
con caldos e gaiteiradas

outros compas folkloristas / como adianto do entroido
lembraron ao gallardón / ai que pena dese aborto

e hai furanchos ben modernos / con músicas enlatadas
hai románticos hai tecnos / con pop e outras ensaladas

viño e cervexa nas rúas / e tamén algúns cristais
coida ben desta xentiña / meu pagano de san brais

entre músicas e amig@s
nove horas de furanchos
á beira do río eifonso
a coidar a voz e o canto

o cronista