22-8-2026

cativas migrantes

 

 

ai cativas africanas
hoxe migrantes meniñas
no magreb e no sahel
vos deixastes a familia
co soño de tantas miles
i europa é unha mentira

vos non sodes un perigo
que vos non tedes espiñas
armadas ides de medos
perigo é ceuta e melilla
mais tamén hai esperanza
a tan longa travesía

ai cativas africanas
tristes migrantes meniñas
ai pequenas enganadas
layla raissa e yasmina
onde quedaron os xogos
as apertas e as cantigas

moito coidado cos homes
aínda que falen dariya
o estreito é mui perigoso
e ten mafias asasinas
seguro que se levaron
a parentes ou veciñas

ai cativa ollas pra lúa
tan grande tan pequeniña
as veces falas con ela
cando che falta comida
a maxia da lúa sabes
vai coidar da túa vida

un europeo