nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
roxana mouriño e grupo
nesta casona de villa solita
en alcabre perto da salgada ría
tocan cantan raices de mar
roxana paco roi javi e karina
a solita especial lugar tamén
para botar uns poemas
coñecín esta casona algo indiana
abandonada e un pouco en ruinas
e non voltara aquí até estes días
abondóu cunha pequena intervención
para que se fagan concertos como este
e puxeron esta curiosa pasarela para nós
e nese cuarto interior deixaron a árbore
como o verde corazón da vella solita
e canta o azul corazón de raices de mar
gosto das xanelas sempre abertas
aberta sempre a solita como o mar
e as músicas e poemas da roxana
gosto das pequenas baldosas
que fican nalgunhas estancias
e do porche cos sete arcos
e catorce graníticas columnas
pero está triste a chimenea
sen ter lume e dar calor
luz e calor teñen as cancións
de raices de mar de roxana
manolo pipas
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)