nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
cada luns que veño a redondela
ás concentracións por palestina
dende o autobús pasando
a ponte de rande os meus ollos
diríxense ao fondo da ría
e a illa de s simón acompáñanme
un tempo con algunhas das súas memorias
e vai mudando a súa dramática silueta
e as dúas illas fúndense nunha soa
a illa da represión fame e asasinatos
e a illa tamén da vida
…...
a illa que un tempo fora lazareto
a illa campo de concentración franquista
a illa e cesantes coa baixa mar das madriñas
que levaban aos presos cartas roupa e comida
e a illa da cantiga de mendinho ou mendinha
pensei onte que o lugar da ría
en sentimento máis perto de gaza
está nestas concentracións dos luns
pero se cadra o horror e a resistencia
daqueles anos da illa de s simón
está aínda máis perto de palestina
remata o acto de apoio
e cando volte para casa no carro
cuns compas xa se fará noite
e polo camiño imaxinarei a illa
da memoria antifranquista
recitado este solpor en redondela
co poema a illa da memoria
xa publicado neste espazo
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)