verso a verso
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
titeres por vinte anos
en terras de redondela
polo mes de maio temos
brinquedos e marionetas
polas prazas rúas salas
cando anuncian as trompetas
perdinme desta volta
de redondela os titéres
e perderme prefería
polas rúas eu con eles
vinte anos titiriteiros
nun festival envolvente
eu sentin moito non ir
gozar coas titiritadas
e as veciñas e amistades
sentin tamén non contala
e repartir as copliñas
da linda edición pasada
manolo pipas
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)