24-9-2010

ao vento

shelley
agora estamos todos mortos
dunha ou doutra maneira
estamos mortos
nunha praia ligur
onde podíanse
asalos peixes
enriba da area
sobre as teas de madeira
queimase o teu cadáver
poñendo definitivamente
rumbo á tormenta
un barco navegando polo pranto
e sen embargo
estamos todos mortos
dunha ou doutra maneira

MORTOS.

(non se acepta duelo)

enrique leirachá

texto publicado
no libro acción poetica
do colectivo penultimo acto