nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
levo unha camisola polo sahara libre
cun debuxo coa estrela e a lúa bermellas
rodeadas de aramios de cores
e hoxe dime meu irmán duarte
se sei que pasóu nos campamentos
e nada sabía da chuvia que con forza
leva caíndo sobre tinduf estes cinco días
con mui pouca presencia nos medios
na terra onde case nunca chove
corenta anos sen facelo deste xeito
no país da area o adove e as jaimas
os estragos da chuvia son tremendos
nos campamentos de refuxiados
entrei na internete e lin e vin imaxes
como ésta e outras máis tráxicas
dos centos de precarias vivendas destruidas
coa pouca comida que tiñan perdida...
e algunha imaxe da rapazada xogando
na auga que outras veces traía esperanza
manolo pipas
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)