07-11-2017

coitado martim codax

 


as sete cantigas de martin codax
no pergamiño vindel coas suas partituras
están expostas en alcabre no museo do mar
en voltar tardaron oitocentos anos
e as marcas do tempo están ben visibles
no pergamiño medieval que nos emociona
pero que so está de visita

na exposicion interpretanse as cantigas
entre textos e esculturas daquel tempo 
e cadros de varios pintores do mar
como urbano lugris con paisaxe con illas
e hai moita presencia das formas cristians
e as cantigas de s maria asinadas polo rei sabio
pero nada se fala das profanas cantigas de amor
e menos das de escarnio e maldizer
reveldes estas ultimas cantigas
que a xunta do pp molestan

por certo que a universidade
queria facer a exposicion
no centrico e mellor acondicionado
museo do marco pero parece ser
que o alcaldisimo non quixo

cantas preguntas as ondas
martim codax ou mesmo martiña
e as ondas levan seculos falandonos
e non as queremos escoitar

ondas do mar de vigo
se vistes meu amigo
que fuxiu polo mare
desta inxusta cidade...


na imaxe sobre o pergamiño

o reflexo do cadro de urbano

lugris paisaxe coas illas