verso a verso
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
primavera mes de abril
as árbores florecendo
pero moitas van morrer
nas mans do inxusto concello
castiñeiros da gran vía
vida pra comunidade
outra vez o sin sentido
vai arrasar unhas árbores
a razón desta desfeita
o capricho do alcalde
a innecesaria escaleira
pra súa inxusta cidade
gran vía dos castiñeiros
antes do generalísimo
se cadra agora chamada
gran vía do alcaldísimo
castiñeiros florecendo
que talará a motoserra
por vigo verde i humano
paremos esta desfeita
ademais dos chamados
castiñeiros de indias
poden cair tilos camelias ...
o cronista
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)