nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
os meus ollos fixos
nunha fotografia de víctor jara
coa súa guitarra e coa capa ao vento
nos andes na cidadela de machu pichu
que está na parede da estancia carátula
do seu vinilo canto libre de 1970
que as veces poño no tocadiscos
grabación que tivera en casette antes
e que me acompaña desde adolescente
pero a imaxe é de agosto do 1973
do seu amigo mariano sanchez
un mes antes de que o asasinaran
a edición do disco é de anos despois
en varios paises asi foi reeditado
e despois de tantos anos a súa obra
e memoria seguen mui vivas
pero un noxento pinochetista
manda no querido chile
cincoentetres anos despois
memoria de víctor jara e allende
e de tantas e tantos miles
manolo pipas
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)