12-8-2026

de decimas e cuartetas

 


galiza cuba argentina
cuartetas i espinelas
nesta terraza da vela
empezan os regueifeiros
caruncho kike i bieito
felices coa parentela
o trío das pandeiretas
dalle paso aos decimeiros

saliwonczyk e papillo
payador e repentista
das décimas uns artistas
cal dos dous é o máis pillo,
o cubano e o argentino
botan puntos e payadas
coas voces ben templadas
americanos trovares, 
do norte e do sur do mare
fan boa retranca salgada

amigos wilson e luís
el hornero i el sinsonte
son da pampa e do monte
pequenos grandes paxaros ,
co seu pico versos claros
neste auditorio regalan
moita floresta en palabras
os dous de negro vestidos,
din que sobran arcolitos
e que vivan as carballas

seguen versos pacifistas
contra os yanquis e milei
o capital ten a lei
ai se mandara o artista ,
payador e repentista
tiran polos regueifeiros
misturan ritmos e versos
galiza cuba argentina,
a vela irmanada tarima
outro mundo é que queremos

o cronista