nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
Desde lonxe
Galiza.
Por un camiño novo e limpo
vou a ti dende lonxe.
Rubo a ti
por unha escada de verbas acendidas.
Cada pasada un hino,
cada chanzo un latexo.
Levo nunha estrela
a mensaxe dos teus fillos desterrados,
que che son fideles
máis alá dos reloxes e do mar.
A túa forza disgregada,
a túa vontade sin rumo,
a túa semente esparguida
anceian integrarse,
xermolar e vivir en ti.
Auga somos do mesmo río,
muxicas da mesma fogueira,
cadullos do mesmo chan.
Dende lonxe,
o teu sangue vagamundo
teima voltar ás matricias veas
xosé neira vilas 1928-2015
poema do libro dende lonxe 1960
textos publicados neste espacio
na súa homenaxe en vida
www.envolventesaspalabras.info/
caderno/de-balbinos-e-leiteiros
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)