09-11-2010

palabras e silencios

tantas voltas damos as palabras
que nalguns verbos e adxetivos
as veces esvaramos e caimos
e damos contra o chan coa cara

varias voltas damos aos silencios
e nalgunhas olladas e aloumiños
as veces esvaramos e caimos
e no chan buscamos novos verbos

palabras e silencios ás voltas
son os pasos do noso camiño
pero as veces esvaramos e caimos
e sentimos enriba unha lousa

ás voltas palabras e silencios
ollamos para atras e levantamos
amiga as feridas nós levamos
neste camiño que imos facendo


lariño