03-4-2011
na outra banda do mar
Na outra banda do mar construen o navio:o martelar dos calafates resoa na mañá, e non sabenque están a construir a torre de cristal da miña infáncia.Non saben que cada peza, cada caderna maxistralé unha peza do meu ser. Non sabenque no interior da quilla está a médula mesmada miña espiña dorsal; que no galipote a quencerestá o perfume máxico da vida.Que cando no remate ergan a vela, e a enxárciatremole vagarosamente no arserá o meu corazón quen sinta o vento,será o meu corazón.antón aviolés de taramancos poeta e taberneiro de ida e voltaentre noia colombia e noiatexto de As torres no ar