08-4-2013

vila de huixtepec




a vila de huixtepec

ao sur da cidade de oaxaca
altiplano perto da serra sur
un domingo de mercado

o huizache é o arbusto con espiñas
que da nome a esta poboación
que perdeu a lingua zapoteca
e polo cerrito chamado común
ao que chego en mototaxi
apareceron restos dos devanceiros
e din que se entras na cova de yagüí
por un tunel podes chegar a zaachila
a ultima capital dos pobos orixinarios
e aínda é unha tirada

uns impresionantes penedos
e unhas arbores sobre eles dan
a entrada á cova e tamen impresiona
unha grande colmea de abellas e recúo

deixo as covas e camiño cara o rio
o atoyac que se ten desbordado
e agora hai terra amontonada
no seu curso protexendo os cultivos
cruzo a  vella ponte por onde pasaba
o ferrocarril e logo chego a yatzeche...