26-9-2026

o turismo arrasa

 

eu non vivo do turismo
é o turismo que non me deixa vivir
dixo alguén nunha cidade abafada

lentamente o turismo
o planeta arrasa
viaxe a viaxe
taza a taza
do hotel ao museo
da piscina ao concerto
da excursión a ... o abismo
e os pisos turísticos
bótanvos do voso barrio

lentamente o turismo
arrasa o planeta
en avión en cruceiro
cubata a cubata
festa a festa


un nativo