17-1-2012
coplas do galo devesa

coplas a un capón que se chamaba devesael era un pitiño cairo / se chamaba devesa e tiña as patas topinas / a crista arrichada e tesa nacera nun galiñeiro / feito de taboas e paus amaba ós pitos de granxa / odiaba ós propios irmaus non era de sospeitar / que pito tan desmedrado poidera chegar a ser / un galo forte e barbado pero puxo tal empeño / en poder selo primeiro que chegou mesmo a comer / as taboas do galiñeiro el mandaba e galeaba / non respetaba a ninguén creíase o rei do mundo / e so miraba o seu ben e cando o galo devesa / andaba mais valentón sua ama tomou o acordo / de convertilo en capón adeus gozo adeus poliñas / adeus mando a valentía con todo o galo devesa / inda non aprendería foi el sempre tan teimudo / buscou o xeito e maneira de poder mandar nos outros / e reinar na capoeira para someter ós colegas / uns catro ou cinco capóns
aproveitou a lei d'hont / e convocou elecciós e puxo na propaganda / eu son galo coma ti e para poder medrar / has ter que botarme a min presidindo a capoeira / e mandando nos demáis servia ben ós seus amos / para poder medrar el máis
pro de nada lle valeron / manganchas e pilleríascando veu a matachina / para rematar os seus días enton o ex-galo devesa / que foi gran fornicador escomenzou a chorar / e dixo con gran paixónvinde galos e galiñas / salvade a miña semente que se falta a miña raza / non sei que será da xente manuel maría poema musicado polo mini e grabado co grupo a quenllapolo ano noventa e unna imaxe unha neta do capóna quen neste espacio tamen lle publicamos unhas coplasai esa galiza azul