09-1-2011

pochote xochimilco

o tianguis ou mercadillo
organico do pochote xochimilco
e xochimilco é o campo das flores
xa están as flores de chipil nos tamales

flores de calabaza nas quesadillas
e rodeannos bugambilias de varias cores
mentres un violino da paso a marimba
que agora toca a istmeña zandunga
a melodia as cores e os olores
que paseniño nos van enchendo
dunha espiral de lembranzas




xochimilco é o nome do espacio actual
na cidade de oaxaca que copia o nome
dunha poboacion orixinaria do val de mexico
e o pochote é unha arbore e o parqueciño
onde naceu este mercado organico
a beira do cineclube do mesmo nome
pero o seu dono o famoso pintor toledo
botounos de ali hai uns anos con mentiras
e logo encheu de terra e terrazos
o pequeno estanque de nenufares e peixes

o mercadiño pochote xochimilco
os asubios de barro as anforas
as blusas os huipiles os morralitos
e unha espiral de flores e formas
tortas de quesillo con verdolagas
tostadas de champiñons con betabel
e café orchata jamaica ou tejatli
e nas mesas seguimos platicando
dos amigos que están lonxe
das culturas e das resistencias
os mesmos temas de sempre
e que tampouco nos falten
os pochotes e os xochimilcos