unha rapaza entregame
un papel de publicidade nas travesas
e reparo na rua do comercio
por aqui perto que non lembro
eduardo blanco amor
nos ultimos anos esta barriada
encheuse de nomes de escritores
daniel castelao miguel hernandez luis seoane
federico garcia lorca e eduardo blanco amor
pero como case sempre
nengun nome dunha muller
cantas veciñas e traballadores destas ruas
saberán quen son estas persoas
que sen querelo deron nome a estes espacios ?
estes dias vaise vaise cumprir
o cabodano do asasinato de federico
e estamos no ano do centenario de miguel
e farán algo estes dias e este ano nestas ruas
polos dous poetas asasinados
polo golpe de estado e o franquismo ?
14 de agosto