04-3-2013

o vello pedro




visito ao vello pedro
e platicamos de vagar
e paseamos polo barrio

eu coñecino en chiapas
pai do amigo pedro novo
e mesmo ocupei hai dous anos
uns dias a fermosa cabaña
que el deixou para voltar acá
a sua inmensa cidade
da que me conta historias

o vello pedro
leme unhas paxinas
que escribiu no hospital
o dialogo co outro
e memorias da familia
xogamos ao dominó
e dame unha malleira
e como boa despedida
cantame unhas rolas
boleros e huapangos

o vello pedro

manolo pipas