25-9-2014

o chopo das catro polas

 


o grandote chopo de coia das catro pólas

 

hai un chopo en castelao

unha árbore grandota

como álamos e carballos

regala miles de follas

 

en coia temos un chopo

árbore de catro pólas

as catro saen do chan

ai que rabudas e tolas

 

este chopo é moi amigo

das ortensias e as begonias

das velliñas e os cativos

das bicis e das pelotas

 

esta árbore dalle a vida

a merlos pegas e pombas

baixo del e baixo as ervas

as toupeiras e as miñocas

 

a media altura do chopo

uns parrulos voan pra bouza

un chiguagua e un caniche

tolos trás dunha gaivota

 

este chopo nós coidemos

con todo o verde de coia

esta árbore algo velliña

que siga mudando as follas

 

texto de hai quince dias

imaxe de hoxe mesmo

 

un veciño de coia