nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
era o máis parecido ao inferno
dixo unha muller dos últimos
e mui virulentos inmensos lumes
probocados pola desfeita climática
e polo abandono do rural
pero esa muller non estivo
no chamado inferno da igrexa
nós non sabemos de ninguén
que estivera nese ardente lugar
e mesmo dubidamos que exista
a pesares dos moitos libros
e outras obras que falan del
pero na terra sobran os infernos
ademais deses debastadores lumes
como o que queda logo dun gran tremor
e o xenocidio do ilegal estado de israel
e yanquilandia sobre gaza e cisxordania
un inferno pasan as escravas sexuais
e traballadorxs en minas en maquilas
en invernadeiros en barcos ...
un inferno é o que pasan xs migrantes
fuxidxs de explotacion sequías e guerras
entre o deserto e o mar do sahel a canarias
e do deserto e dos montes a ceuta
un inferno é o que viven moitas mulleres
entre o maltrato e o asasinato por un home
e o abuso sexual que viviron moitos
nenos por parte de moitos mestres
tamén curas desa igrexa
do inferno na terra
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)