nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
moitas penas ten a rota
e cada pena unha lenda
con castros e petroglifos
as raices desta terra
na pena dos namorados
as namoradas que penan
de costas á vella deusa
deben lanzar unha pedra
penas que penan
lendas caladas
da noite ao dia
trovas pasadas
na rocha do pianista
as pegas xogan nas teclas
tocando unha melodia
que no tempo se perdera
e debaixo desa pena
tes unha cova coberta
onde habia os akelarres
cando mandaban as meigas
penas que penan
lendas caladas
da noite ao dia
trovas pasadas
como un grande desafio
en equilibrio unha pena
millons de anos resistindo
e nos xogando coa terra
o cronista
unha vella cantiga
enlazando co poema anterior
na imaxe a pena do equilibrio
de arcos en ponteareas
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)